Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LIBROS CONTRA PORRAS

LIBROS CONTRA PORRAS

 

 

    Na imaxe vese a unha delicuente, unha perigosa inimiga coa que se enfronta a policía e o delicados que son con ela.

    Hai  que poñer en dúbida as conviccións democráticas do Ministro de Xustiza, despois de dicir que a actuación da policía en Valencia era pra garanti-la nosa liberdade, que a policía foi agredida pola chiquillada. Nos vídeos vese como os rapaces e rapazas agriden a unha equipada policía, chocando as súas cabezas coas porras da policía; unha policía, preparada, segundo o xefe da policía, pra         enfrontarse o inimigo. Chamarlle a unha protesta de alumnos dun Instituto inimigos, denota un espírito guerrero, incompatible coa función da policía de mante-lo orde público. O poder transforma ás persoas; era este mesmo Gallardón o que se cría na ala liberal do PP. Pouco tempo tardou en quitarse a careta; xa o fixo antes cos   ataques ós dereitos civís amosando o seu verdadeiro ser, agora pon a guinda cos menores de Valencia. A actuación da policía non é a típica da extralimitación ailllada de axentes, senón a programación dun ensaio e advertencia do goberno, semellante á que fixera a Lexión Cóndor en Guernika. Os nenos , teñen razón os do PP e a policía, van armados con uns obxectos que non identifican, pero que deben ser moi perigosos; fan apoloxía da democracia e a liberdade, si se poñen en contacto coa materia gris do cerebro, o pensamento único corre perigo. A policía solo usa a cabeza pra leva-lo casco e os do PP, algúns, pra urdir tramas

2 comentarios

Anónimo -

A verdade é que da a sensación de que ainda en pleno século XXI hai moitos nostálxicos do vello réxime en postos moi importantes. Xa sabedes, paus e máis paus...e a correr.

Sartalo -

Está claro que para ser antidisturbios moi ben da cabeza non hai que estar. E enriba a estes débenos ter engaiolados durante horas poñéndolles películas de guerra ou ti vai saber o que, e logo ábrenlles a porta e bótanos á rúa. E así actúan, como cans rabiosos. Pobre xente, a verdade, que vida!!.