Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN LAMENTABLE RECORDO

UN LAMENTABLE RECORDO

 

 

 

    O 11M foi un día de inmenso dolor. É triste que o recordo da conmemoración daquel día este presidido polas instrucións do Fiscal Xeral do Estado de reabri-lo  caso,  despois de oito anos. O PP, con Aznar e Acebes, emperráronse e culpar a ETA dos atentados; non quixeron recoñecer que foron culpables dos atentados, tanto pola guerra de Iraq e pola nulo control policial dos salafistas durante a etapa do goberno de Aznar. Os  desmesurados gastos e enerxías en desvia-las investigacións e en pagar a avogados,  con vergozantes resultados nada lles  ensinaron. Como xente obtusa, intentan nadar contra corrente, con tal de sementa-la dúbida, non lles importa a verdade, nin as vítimas. Menos lles importa o diñeiro do contribuínte. Solo lles importa o seu ego. Gustaríame saber quén lle deu vela neste enterro á sª Pedraza da AVT, asociación vinculada coa extrema dereita e os seus medios de comunicación; a non ser pola confabulación fascista pra leva-la auga por determinados rego. Quere evitar parece-los culpables dos centos de mortos e feridos, pero sono.   

2 comentarios

Lander -

Sinxelamente estan pagados pola dereita, xa sabemos das axudas económicas a cambio da renda política da AVT.
Efectivamente é unha vergoña, pero non deixa de ser só unha máis de tantas como nos ten afeitos este PP vestido de demócrata coa roupa interior do máis fascista e falanxista. Esta chusma só entende a democracia se gobernan eles. Pena da utilización dos mortos polos seus familiares primeiro, e pola chusma derechona despois. Saúdo

Ernesto -

Para ridículo o Gallardón e a Botella paseando con solemnidade e fachenda na ofrenda que fixeron xunto coa AVT para maior gloria pepera, cando os verdadeiros protagonistas tiñan que ser os familiares das vítimas e a súa lembranza. Lamentábel!!