DORRIBO DORRÍBASE
O Presidente Feijoo ameazou co xulgado a que o vincule a operación DORRIBO. Non sereín eu quen poña en dúbida a honra do pedazo de presidente que temos. Iso non me quita as dúbidas que xorden dunha sorte de feitos. ¿ por qué Dorribo se abrochou tantas subvencións da Xunta?, ¿por qué Dorribo cobrou unha sustanciosa subvención, logo de reunirse co Presidente?. A pregunta do millón: alguén utilizou e lle pagou a Dorribo pra poñer falsas denuncias. Cando se van esfarelando as acusacións de Dorribo, e todo adquire o aspecto dun sospeitoso montaxe, o caso vai xirando e oscurecendo e dando a sensación de que todo é posible. Sería bo que o Presidente aclarara algunhas cousas deste enredo; pois sen acusalo, gustaríanos saber qué tratou na entrevista privada con Dorribo e a coicidencia das subvencións.
2 comentarios
Sandoval -
Redondelano -