PAROU
A autovía da Costa da Morte é unha desas obras que teñen un principio pero ´que non sabe cando rematará. Posiblemente Feijoo lles queira pagar ós residentes esa zona que lle votaran. Sabe que moitos paisanos galegos son masoquistas, que necesitan que os puteen e logo lles pase a man polo lombo. Seguro que moitos saben que algúns animais hai que disciplinalos, aínda que logo se lles teña que aloumiñar. Por moito que doa, hai que recoñecer que esa é a técnica do PP, e funciónalle. Cando lle fixeron a interpelación ó superconselleiro sobre a paralización das obras, anoxouse, e culpou de tódolos males a oposición. O día de hoxe aínda non explicou porque paralizou a adxudicación e construción desta obra que fixera o bipartito, nin porque logo tivo que saca-la a puxa varias veces. A referida obra xa debía estar en servizo fai un ano, pero é moi posible que o seu remate se adíe sen data determinada. O mesmo ocor6re co parador de Muxía. Logo demonizarán á oposición e recolleran os votos con toda a cara.
1 comentario
Anónimo -