TODO SEGUE IGUAL
O indiscutible nepotismo que rexe a política de persoal da Deputación de Ourense queda perpetuado pola dinástica sucesión da presidencia. Recentemente, oito familiares de cargos locais do PP accederon a postos de traballo na Deputación. Eses nomeamentos xa foran pactados por Baltar pai, e agora saen publicado-los nomeamentos no BOP. Esta política de persoal da Deputación de Ourense sitúa a política do Ente provincial nun tecido de lealdades á familia Baltar, que se garante o goberno da provincia no seu intres particular. Co doado que lle é a algúns coller un posto de traballo Algún día haberá que derrubar ó pazo provincial e no seu solar poñe-las bases dun novo orde; porque non chegará con desinfectalo. A CE abriu un expídente sobre a corrupción na deputación de Ourense. Nin en Galiza, nin en España parecen saber o que alí pasa. Fiscais e políticos miran pra outro lado.
0 comentarios