UNHAS CONTAS PRA MEDRAR
- Gabando o seus presupostos, Rajoy dixo que son unhas contas pra medrar. Pois menos mal que son pra medrar, senón iamos encoller de vez. A política de Rajoy é a política da covardía. Fai recae-la crise sobre os febles; non ten valor pra meterlle man a airexa, os defraudadores, ós chourizos e ós políticos. Di, que aínda que non gusten, esta s contas levarannos á recuperación. É moito o que levan recuperado pros da súa caste. Cando teñan recuperado o suficiente, poida que podamos recuperar algo do destruído . As contas de Rajoy teñen un sentido, empobrece-lo pais, arruinalo pra privatizalo; o que non vexa a súa xogada é que non quere ver, prefire ser cego.
0 comentarios