DIA DO TABALLO
Día do traballo, pro que o teña. Tal dá coma hoxe, a traballadoras dunha fábrica de camisas, nos EEUU, que estaban na fábrica en folga, foron queimadas vivas no incendio da fábrica. O día de hoxe é na súa memoria. Hai indicios de que en Exipto, durante o reinado de Ranses III houbo unha folga de traballadores do Faraón. Aqueles traballadores eran obreiros cualificados; pero sobretodo eran singulares polo se cometido, preparaban a tumba do faraón. Pouco cambiaron as cousas, presionan e obteñen melloras os traballadores de sectores estratéxicos. Din que coa reforma de Rajoy volveuse á escravitude pero é peor. Na escravitude os traballadores eran unha propiedade valiosa e os amos coidaban dela. No liberalismo calculaban o rendemento que lles podían sacar ós traballadores, pra logo sustituilos por outros. As mulleres parían unha prolixa prole, que supoñíaa man abundante e barata de man de obra. Os neocons de hoxe son o mesmo, queren que as mulleres sexan simples obxectos reprodutivos.
0 comentarios