RECESION MARIANA
A desacougante recesión na que agora estamos, poucos a prevían, menos os votantes do PP, que pensaron que con chega-lo PP ó poder xa todos seríamos felices, que era o que prometía Rajoy nos mitins. Algúns protestan na rúa, outros están acollonidos, encollidos e pechados, cal caracol na súa cuncha, e a duras penas respiran. A recesión é froito directo do empeño persoal de Rajoy en cumpri-lo déficit. Con ser necesaria unha disciplina orzamentaria, non se pode intentar facer caer o peso da crise sobre os que non a crearon e que son os mais indefensos no entrabado social. O sindicato de Técnicos de Facenda din que as pequenas empresas defraudaron mais de 26.000 millóns de euros e as grandes empresas mais de 50.000 millóns de euros. En contas en paraísos fiscais hai unha cantidade estimada de 75.000 millóns de euros. A xente que deu estas cifras sabe do que fala. Coa teima de Rajoy de deixar como intocables ós defraudadores e poñendo todo o peso da crise sobre as clases medias e baixas, está orixinando un empobrecemento do país brutal. Eu penso que todo isto obedece a un plan pra elimina--las clases medias.
1 comentario
Balderus -