O DÉFICIT
O déficit das administracións está dacabalo entre o despilfarro e a inxeniería contable. Uns estiran o pe mais que a manta e despilfarran, ben sexa porque son malos administradores, ou porque o diñeiro non é deles e non lles doe; outros usan trucos de inxeniería contable: emiten débeda, ou non pagan ós acredores. Feijoo, quén o diría, é un artista. Emitiu tanta débeda coma tódolos gobernos que lle precederon. Iso si, cumpriu o déficit. No xogo, a oposición parece que o asunto non vai con ela. A credibilidade de España queda na lama. Todo grazas o PP.
0 comentarios