UN VALEDOR DESPILFARRADOR
Cando lle escoiten ó proposto pra valedor que vendería o coche mercado polo anterior valedor por consideralo un coche de luxo, acordoume que Feijoo, que fixo o mesmo ó gaña-las eleccións. A propensión a demagoxia ten sentido cando se considera ó cidadán un estúpido, que parece que é o caso. Feijoo inventouse o da austeridade pra desfacerse dos coches usados e mercar uns novos. Hai que ver como se copiou o discurso. Todo o mundo quere senta-lo cu no plástico, estreando coches; e por riba queren vendernos que o fan por aforrar diñeiro. Esa proposición de Valedor non prospera. Feijoo precisa un Valedor que lle tape os chanchullos e, o mesmo tempo, xunta-la necesaria maioría pro nomeamento
0 comentarios