OS FANÁTICOS
Hai fanáticos que non precisan ningunha razón, nin ningún dato pra formar unha opinión, porque a opinión xa a teñen formada. Son ignorantes que non queren deixar de selo. Como dicía Bertolt Brecht O peor analfabeto é o analfabeto político. Non oe, non fala, non participa dos acontecementos políticos. Non sabe o que custa a vida, o prezo do pan, da fariña, do vestido, dos zapatos e dos medicamentos; e que todo elo depende dos políticos. O analfabeto político é tan burro que se comprace e ensancha o peito dicindo que odia a política. Non sabe que da súa ignorancia política nace a prostituta, o menor abandonado e o peor de todos os bandidos que é o político corrupto, mequetrefe e lacaio das empresas nacionais e multinacionais. Isto explica que despois de que se acendera tódolos botóns de alarma, co incremento do paro, deterioro dos servizos sociais, incremento da prima de risco, bancarrotas bancarias, deterioro da convivencia, etc. O PP sigue tendo un apoio grande. Non sei si se debe este feito á persistente propaganda, na que tódalas culpas son do goberno anterior. Pero como explicar que a prima de risco aumento 200 puntos dende que goberna Rajoy, cada 100 puntos supoñen 12.000 do incremento do custo de financiación ó ano, que aumentara o paro, que se incremente o déficit, grazas á contribución das CCAA, clásicas do PP. Solo los fanáticos son incapaces de ve-los feitos.
0 comentarios