SI SEÑOR
Cando se sabe gobernar non hai cosa que non se solucione. Feijoo, pra corta-la sangría de custo de mantemento do bodrio do Gaias. Múdalle o nome. Agora xa non será Cidade da Cultura; nomes, que denotan un tufo centralista, así aforra un 50% de custo de mantemento. Unha cousa tan sinxela a nade e lle ocorreu; tiña que ser un líder cunha mente preclara como Feijoo. Ó bautismo asistiron a pana maior do goberno xunteiro quixeron vende-lo complexo como «oportunidade para as industrias culturais e creativas», , así como un lugar de encontro dos axentes públicos e privados» e financieramente equilibrado. Esta tolemia non ten pes nin cabeza. Solo mantela a 25 º, valeira de contido e de servizos á cidadanía, costa un pastón; na mentres non hai cartos pra nada.
0 comentarios