Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AFUNDINDO O ESTADO

AFUNDINDO O ESTADO

 

     Criáronse baixo as sotanas, por iso non lle esixen a Airexa solidarizade  na crise. Son servidores dos defraudadores e das grandes fortunas, por  iso non  lles morden os petos. Rajoy ensáñase cos mais febles: con funcionarios, parados, dependentes e coa presa favorita dos fisco, que é o consumo.  Sanidade e  educación, así como os asalariados xa lles deu unha boa mordida; a vindeira serán as pensións. As reformas de Rajoy son unhas pitureformas. Son sucesivas trabadas ó estado do benestar, que nunca chegan a enche-lo bandullo do monstruoso estado. Os recortes van mais aló dos que aparecen como as primeiras vítimas dos gürtelianos: as tendas, en xeral, e os propios empresarios sufriran as consecuencias. Unha gran trabada ós pobres, pero tranquilos esto aínda pode empeorar máis, Murphy non se equivoca, se algo pode ir peor seguro que empeorará.  Aínda teñen moitos defensores estes crueis gobernantes; moitos aínda seguen a crerlles as mentiras a Rajoy e a Feijoo. Este pais non ten remedio. Hai moito vicioso, danlle polo cu e aínda se agacha. Os recortes, se son necesarios, non son aí onde se debe recortar, outra política é posible.

0 comentarios