Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A MERCA DE TITULARES

 

  Hai crise, abandónase as políticas sociais; pero a Xunta merca titulares. As subvencións da Xunta a algúns medios de comunicación alcanza cotas de vértigo. Subvencións, sen que medie concurso,  pagadas cos nosos cartos, pra que nos desinformen e nos laven o cerebro.  Coidase moito a Xunta de que non haxa información, nin crítica dos seus despilfarros e da súa política errática i oportunista. Isto non pode ser tomado como normal, dalgún xeito temos que combatelo. Na viaxe que o noso Presidente vai facer ceas privas e encontros que non figuran na axenda oficial. É de presumir que estes actos ocultos son unicamente privados, de partido. Pra esas xestións tan relevantes hai cartos; non os hai pra educación, sanidade ou dependencia. A prensa, non digamos a telegaita, teñen outras noticias.

1 comentario

Retrincos -

De vello ven a teima da Xunta de controlar os medios de comunicación en Galicia. O problema ven que as redes sociais e INTERNET son unha ferramenta hoxendía moi difícil de frenar, por iso saen constántemente páxinas como esta e outras iniciativas no eido virtual que burlan semellante estreitez. Son poucas as voces que se negan a venderse ao poder, e que continuan a darlle a loita á corrente oficial. Ánimo e adiante!!!