Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS DONOS DO DESTINO

OS DONOS DO DESTINO

 

   Ía escribir un comentario sobre as dificultades económicas, presentes e futuras, pero o escoita-los comentarios de Pons deume un dolor de barriga tan forte que desistín de facelo. Quedei cavilando, o fío das paridas de Pons, de que se rira Montoro. Agora Montoro exhibe unha risa conxelada, de idiota. Un deficiente rise de calquera parvada. Estes do PP deberon inxerir algún alucinóxeno. Pons culpa agora do  desnorte do PP a Europa. Xa lle botabamos de menos a  este bocazas. Agora reaparece, como non, cunha das súas grandes especialidades, as paranoias. Eu pensei que ía falar dos 3,5 millóns de empregos que prometía,  pero non.


0 comentarios