UN 25 MAIS
Segue a loita, nunca remata; porque en canto se consegue algo, os inimigos do pais saen da tobeira pra arrasalo todo. Iso é o que a experiencia nos ben demostrando. Tanto dende a Xunta como dende algunha Administración local, atácase, cunha forza desmedida, a todo o que lles cheire a galego. Esta xente precisa saber que Galiza é coma nosa nai, non unha madastra, é que nai solo hai unha; e pros seus fillos o día da patria galega é todo o ano; pois onde queira, e cando queira, que asome unha afronta, alí nos terán pra defende-la nosa terra.
0 comentarios