Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TOMADURA DE PELO

TOMADURA DE PELO

 

  Non sei que pretende Feijoo coa redución parlamentaria. Si é  aforro, podíase reducir mais o número de Deputados, total, pro que serven. Non teñen autonomía, non discuten; solo fan o que lles diga o xefe do grupo; a súa función limítase a chuzar nun botón. O recorte de Deputados solo ten un obxecto:  rete-lo poder. Si o obxectivo fora o aforro, empezaría por eliminar asesores, coches, tarxetas de débito con cargo á Xunta, teléfonos móbiles, pagados pola Xunta. Supresión das Deputacións, empresas e reducir axuntamentos. De pretender reduci-lo número de Deputados, sen intencións partidistas, habería que crear unha circunscrición única, pra que  tódolos cidadáns tivera a mesma representación e valera o mesmo un voto en Lugo que na Coruña. Actualmente un voto en Lugo ou en Ourense vale mais do dobre que o de Coruña ou Pontevedra. O interior  de Galiza, A  Galiza deprimida e atrasada, é onde o PP ten mais apoio. Que cuco é o noso presidente, rebaixa deputados para intentar non perder as eleccións e o vende como un favor "ó pobo" para aforrar. Pódese ser mais manipulador e cínico?.  Un deputado pepero, que da igual como se chame, loubaba a inxeniosa manobra. Definitivamente sabe manipular, aínda que non saiba gobernar.

0 comentarios