Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ESTÁ QUE SE SAE

ESTÁ QUE SE SAE

 

  A definición perfecta do estado de Gallardón,  é que está que se sae. O do aborto é o reflexo dun estado de afectación mental, que se ve confirmado polo otorgamento do marquesado ós herdeiros de Queipo de Llano.  Que foi, ó que moitos coñeceron como o carniceiro de Andalucía.. Queipo de Llano foi un xeneral, do    franquismo, o que  desprezaba Franco, como a moitos, pero fundamental no  trunfo de Franco. Na sublevación do 1936 sementou o terror en Andalucía, o mesmo que outros o sementaron noutros sitios, porque a táctica dos golpistas pra domina-la poboación civil foi o terror. Un terror que chegou a calar tan fondo que moldeou o ser dunha xeración e deixou colmo sobrevivente daquela traxedia o síndrome de Estocolmo. Pero o caso Gallardón reflicte unha ideoloxía viva. O fascismo non morreu con Franco; aí está estes personaxes que nos sumen na historia mais negra de España, xa sexa ensalzando figuras senlleiras da guerra civil, ou volvendo a poñer a muller no lugar que lle dera a ditadura, como descanso do guerreiro, sen outros dereitos.

 

0 comentarios