Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS POLÍTICOS DO NORTE

 

  Compréndese de que España se atope na crise económica cando comparamos o status dos políticos de España cos políticos escandinavos. En España, ademais do elevado número de políticos profesionais, teñen ó seu servizo un elevado número de persoal eventual, que tamén participan do festín; o seu salario e privilexios ponos fora da  realidade na que vive o pais, situación distinta á dos políticos escandinavos, que viven  cunha austeridade que nos asombra. Hai tres cousas que son necesarias pra saír da crise: Reciclaxe da clase política e que pasen a formar parte da clase traballadora,  reparto dos sacrificios entre a clase traballadora e o capital, así como a supresión das cargas económicas que supoñen o mantemento  con cargo ó Tesouro de Institucións parasitas  

0 comentarios