Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ÓNDE ESTÁ A AIREXA

ÓNDE ESTÁ A AIREXA

 

Tiña a esperanza de que a airexa ía  saír á rúa e protestar pola política do goberno contra dos pobres, que excomungara os ladros de  entidades financeiras, políticos corruptos e gobernantes que poñen ós gobernados na veira  da pobreza, pero non. O  Vaticano só actúa, cando hai diñeiro e poder por medio, o demais non lle importa. Si se move, cando non concorren os dous casos anteriores, é pra evitar que se le desmadre o rabaño e que pera o poder sobre del, como no caso do aborto. Non lle importou que Marcial Marciel, fundado dos lexionarios de cristo, fóra pederasta, con fillos e barraganas.  Non lle. importou que Lugo ex predidente de Paraguai e ex bispo tivese fillos de distintas nais mentres administraba a diocese como bispos.  Non lle importou o de Cáritas en Arxentina,  cuxo responsable se ía de festa coas súas amigas a custa do que lle daban os pobres arxentinos para que o administrase e o desen aos mais necesitados. Non e non. Solo o que lle da diñeiro e poder.

0 comentarios