GALIZA MARTIR
Nun día como hoxe foi fusilado Alexandre Bóveda, unha data de triste recordo, na que se centra o recoñecemento de tódolos mártires que deron a vida por Galiza e a liberdade. Pasaran anos, choverá e nevará, volverá a saír ó sol; pero nada borrará a lembranza que os vivos lles debemos ós que co mais preciado que posuían, que era a vida, marcáronnos o vieiro que os fillos desta terra debemos seguir. Por desgraza sóbrannos exemplos de personaxes que prostitúen, a cotío, este pais; mais a culpa é nosa. Tradicionalmente no cementerio pontevedrés de SAN MAURO, onde repousan os restos de Alexandre Bóveda, celébrase unha homenaxe a Bóveda e a tódolos mártires.
0 comentarios