NO PASAMENTO DE AVELINO
Os 98 anos finou, na súa casa de Teo, Avelino Pousa Antelo. Non era o galeguista mais importante da historia do movemento galeguista, pero era un galego de corazón, entrañable e afable, próximo e moi pegado á terra; o derradeiro dunha saga. Con el foise algo de nos. Os da xeración de Avelino xa finaran; el era o faro que alumeaba ás conciencias galeguistas. Nade se pode atribuír a exclusividade do seu maxisterio, porque o seu corazón e os seus anceios estaban con Galiza. Nese senso, todos podemos dicir que influíu nas nosas vidas. Sendo eu mozo, tiven o privilexio de visitalo na súa casa, acompañando a tres ilustres galeguistas. Un deles, o pai de Beiras, que xa finou, (descanse en paz), os outros viven. Pero seguro que en todos deixou unha fonda pegada,. Polo menos en min, si. Non me foi posible darlle, en vida, o último adeus, mais telo programado. O que me ensinou, que si algo o consideramos importante, debemos facelo, sen ningún tipo de adiamentos; porque o mellor mañá é tarde.
0 comentarios