ANNISTIA E FRACASO
O lenguaraz Montoro intentou vendernos o da amnistía fiscal como unha gran medida do goberno. O día de hoxe lévase recadado a modesta cantidade de cincuenta millóns de euros. Nade se ía crer que os defraudadores ían poñer ó descuberto os seus chiringuitos, ou que ían converterse, de súpeto, en modélicos contribuíntes. Posiblemente a amnistía fiscal fose inventada pra algún caso concreto. De calquera xeito contrasta esa cantidade cos case douscentos mil millóns de euros evadidos durante o goberno de Rajoy. Xente de misa, os defraudadores, que teñen como deuse o diñeiro, grandes patriotas envoltos na bandeira de España, pero que son as sabandixas da sociedade.
0 comentarios