Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A GRAN OBRA DO PP

A GRAN OBRA DO PP

 

   O ego dos gobernantes failles concibir obras faraónicas, que sexan a pegada pola que os recordaran na posterioridade .A Cidade da Cultura, á que moitos chaman o mausoleo  de Fraga. Costa mais o seu mantemento que o presuposto da Consellaría de Cultura, ademais non saben que facer con ela, nin como enchela, nin  de que. O custo de construción cuadruplicouse. E iso que solo se chegou á metade da obra prevista gasto. Os negocios de Pérez Varela, o cuñado de Rajoy, o irmán de Celso Currás, a irmá de Feijóo, o gasto desaforado de diñeiro publico etc. De 108 presupostados a 400 millóns de euros, nada menos. E agora véndennolo como bos xestores.

0 comentarios