Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ESPAÑA VAI BEN, GALIZA MELLOR

 

    O paro medra vertixinosamente. O PP .reforma o mercado laboral, din, pra crear emprego. Si en lugar de crear emprego se dedicaran a recoller cogomelos iríanos mellor. Pouco fata pra chegar ós seis millóns de parados. Este  goberno é capaz de grandes cousas, e conseguirao.  Precarizan o emprego, creando unha situación laboral incerta, nade consume e a economía encóllese.  Feijoo é feliz coa marcha do emprego en Galiza. Cada día 100 mozos de  menos de 30 anos abandonan Galiza en busca de traballo. A estatística certa é que Galiza volve ser un país de emigración. Os galegos non lle queren crear problemas a Feijoo, emigran.. Cada vez está mais cerca unha revolución, porque isto vai camiño da miseria total. A gasolina que lle deron os galegos a Rajoy pode servir pra incendiar España.

0 comentarios