MUDOS
Todos teñen dereito a ser Deputados. Non serei eu quen diga as condicións que se deben pra ser Deputado, pero recoñezo que debe de haber un mínimo de idoneidade, que lles permita realizar a súa función con autonomía, pra que non ocorra o que esta ocorrendo cos Deputados do PP, que apenas interveñen e cando o fan e pra ler a chuleta que lle pasou o partido. O único mérito que se lles mira é a fidelidade cega ó partido e que saiban premer o botón. Así os partidos teñen unha colección de Deputados mudos e con poucas neuronas. Dese xeito non pensan pola súa conta.
0 comentarios