VERDADES COMO PUÑOS
Beatriz Talegon, nunha convención da Internacional Socialista abroncou ós líderes socialistas, os que acusou de non conectar coa sociedade, ó vivir cuns luxos incompatibles co ideario socialista. Cando a sociedade está a pasar unha dura crise, non se pode pretender que entendan que os socialistas celebren unha convención nun hotel de cinco estrelas e cheguen ó hotel en coches de luxo. Canto hai nesto de demagoxia e promoción persoal non o sabemos, pero a música soa ben.
1 comentario
Río Mao -
O que pasa é que moito estómago agradecido campa libremente pola política española aínda hoxendía.