Mon toro, que pode ser o forma do nome de Montoro. Esta última forma de escribir o nome será de o posesivo gabacho, “MON”, mais o hispano TORO . Iso explicaría a teima do PP en sacraliza-las touradas. Ademais diso, son moi dados a modifica-los seus nomes e xentilicios; como a Cospedal, que busca un maior empaque, chamándose de Cospedal. Ë o gusto pola notoriedade, pero tamén unha definición do propio carácter. Montoro, un híbrido entre dona roxelia e un touro de lidia, arremete no parlamento contra un posible inimigo, como un touro arremetería contra do engado da muleta, adornando a faena coa chulería dun pandilleiro de barrio. As súas contestacións as interpelacións da oposición son unha divagación de insultos, desgranados con florida chulería, pero sen dicir nada.
0 comentarios