Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ROSALÍA

 

Os pobos necesitan unha icona  pra reafirmar a súa singularidade. Singularidade é que esa icona sexa unha muller, pero mais singular aínda é que esa muller vivira naquela época escura do galeguismo e espertara as conciencias adormecidas dun pobo derrotado. Non lle foi doado a nosa querida Rosalía desprega-la súa labor de escritora comprometida, dada a súa orixe e crianza, e iso axiganta e magnifica a súa figura e a súa obra. A maioría do pobo daquela época non sabía ler, pero os que sabían e comprendían a súa mensaxe, que eran poucos, espallaron a súa palabra entre os que non a entendían. Hoxe que todos sabemos ler e, nalgúns casos, pensar libremente, temos a obriga de non deixar que sexa unha simple anécdota.

 

0 comentarios