Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SANTIAGO DE CORRUPTELA

SANTIAGO DE CORRUPTELA

 

   A interpelación a Feijoo sobre os casos de corrupción do PP en Galicia permitiunos aprender unha lección de Dereito Constitucional, inédita nos mais avanzados tratados da materia. Tras preguntarlle os nacionalistas pola corrupción e igobernabilidade no Concello de Santiago, empezou a súa resposta abroncando á oposición e interpelandoos sobre diversos asuntos. Foi entón cando me din conta que non era unha sesión parlamentaria normal, tal como acontece no parlamentarismo clásico. O Goberno de Feijoo pretendía controla-la labor da oposición. Parece que o do control do goberno polos Deputados da oposición xa era cousa do pasado. Lembrei os primeiros paseos de Feijoo co hoxe alcalde da Coruña, ambos interinos á sazón, onde chegaran da man e baixo o maxisterio de Romay Becaría. Feijoo parecía unha persoa tímida  e  apoucada, mentres que Negreira era mais falangueiro, Agora decátome de que o que parecía timidez de Feijoo non era mais que desconfianza,  o que agora, nunha situación de poder tradúcese nunha agresividade desordenada, ladrando como un rotbailer, en lugar da oratoria parlamentaria. Dese xeito quedamos sen saber que vai facer no caso do Axuntamento de Corruptela e noutros mais pequenos, no caso do Superdelegado da Xunta  en Ourense, das probas selectivas, dos muíños de vento, dos contratos, etc.

0 comentarios