Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EN QUÉ MAIS MENTEU

EN QUÉ MAIS MENTEU

 

   É moi triste que unha empresa galega, como PESCANOVA, con presenza en tódolos mares do mundo, se vexa arrastrada pola lama e condenada a desaparecer, por culpa dunha mala administración.  Tense demostrado que os dirixentes dunha empresa teñen que ter como primeiro obxectivo a boa marcha e saúde da empresa. Os demais obxectivos teñen que ser secundarios e non significarse en política mais aló do prudentemente aconsellable. Nas primeiras eleccións que gañou Feijoo, PESCANOVA uniu implicitamente a súa sorte á de Feijoo. Todo elo en contra dunha prudente política empresarial. Certo que grazas a esa xogada, que nun é exclusiva de PESCANOVA, conseguiu o emprazamento, pra unha industria súa en Rede Natura, que doutro xeito posiblemente non conseguiría. O malo foi que o negocio non fora como se prevía, polo pinchado da burbulla inmobiliaria. Con todo a directiva quedou marcada e os perdedores a plantilla e os accionistas. Ademais de Cabo Touriñán, descoñécese o importe das axudas recibidas da Xunta de Feijoo, xa   que négalle á oposición información; esta opacidade tamén se estende ás contas da empresa e nin a CNMV o sabe.pola súa parte, a Comisión Europea ten en curso unha investigación pola posible recepción de axudas ilegais. Barrúntase un temporal con moi mala pinta.

Con toda seguridade puideron recibir axudas públicas da Xunta de Galicia e europeas durante o período que abrangue dende o ano 2002 ata o 2013 que levarían a sumar cantidades de auténtico espanto e de varios millóns de euros, que deberían constar no Consello de Contas da Xunta de Galicia, que se nega a informar. Tamén sería importante que Feijoo aclarase se Pescanova axudou a financia-las autonómicas o PP, o que sería ilegal e que nunca, por tanto, nunca se vai saber.

0 comentarios