Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SI, O ENTENDEN

SI, O ENTENDEN

 

Si, o entenden, pero pensan que somos demasiado estúpidos pra entendelo nos; porque si non fóramos tan  estúpidos eles terían un problema. Os partidos políticos no nacemento da democracia foron unha solución. Hoxe, viven arredados dos problemas dos cidadáns, constituíronse nunha caste social e viven, non pra soluciona-los problemas do país, se non pra defende-los seus esaxerados privilexios. De solución pasaron a ser un problema. Iso é o que se desprende da enquisa que publicou a SER. A Cospedal non lle concedeu crédito ós resultados da enquisa, porque partidos políticos, sindicatos, banqueiros e airexa son mal valorados polos cidadáns, en contraposición ós escraches e demais plataformas cidadáns. O caso do expresidente do Parlamento catalán, Deputado de Esquerra, que se xubila ós 51 anos cun soldo anual de mais de 100.000 euros ó ano,  non é un caso único, hai  que multiplicalo por todos os cargos similares en toda España.

1 comentario

Marcos Lebre -

Ser político é unha opción como antes era ser un ladrón, só que agora son profesionais, non aficionados. A política devaluouse nos últimos anos ata extremos incríbles porque está chea de personaxes que fora dela non terían nin onde caerse mortos, xente que a maioría deles non sabe facer a O cun canuto. O verdadeiro problema de todo iste é que os cidadáns comúns están afastándose cada vez maís do que acontece na política do país, e dan por perdida a situación. Polo tanto, un caldo de cultivo para que se achegue algún iluminado a modo de salvapatrias con ganas de liala que se aproveite do queimada que está a xente da rúa e poña todo patasarriba. Casos a moreas temos na Historia e non aprendemos...