NON SE ARREDAN
Os voceiros do PP non se apean da burrra: non lles importa que haxa 6.270.000 parados. Eles seguen fachendosos da súa política, de axudar ós bancos e deixar na indixencia ás familias. Os parados, como di a lideresa E. Aguirre, teñen que estar agradecidos de emigrar, así amén fan turismo. Non é emigración, é, como di a Ministra de Traballo, mobilidade exterior. Tiña as miñas dúbidas de que esta señora, que nunca traballou, que sempre viviu á sombra da gaivota, tivera idea do que é o traballo, e non me sacou da miña dúbida. Deixoume sorprendido a construción de un novo vocabulario; i é que os peperos, a falta de outras aptitudes, reveláronse como uns mestres do linguaxe escuro; ese que nade lles entende, pero que lles permite unha `política de embaucamento ós electores.
0 comentarios