EN OLLO ALLEO
O alcalde de Ourense, do PSOE, gástase cen euros, do concello, nunha festa agasallo a un compañeiro. Por similar motivo, o goberno da CA do PP de Valencia gástase, a cargo do presuposto da CA, 460 euros que custou a mariscada. O alcalde de Santiago, co gallo das festas da Asunción, invita a varios colegas da corporación a unha pulpada. Pecata minuta. En diversos autohomenaxes, como foi a toma de posesión da lideresa, gastáronse 1.800.000 euros, que foron abonados á trama Gürtel. Algúns dos servizos nin se chegaron a realizar; outros, realizados, foron facturados cun recargo do 60%. A mesma CA de Madrid, segundo informe da Intervención do Estado, desglosou varios contratos pra adxudica-los ós gürtelianos. O partido de Rosa Díaz, marca branca do PP, descubríronselle varios casos de corrupción en Valencia. Qué terá Valencia?. Pois ben, o PP de Ourense quere que o alcalde dimita por eses cen euros indebidamente gastados, o que me parece ben. Pero é un curioso defecto visual, ver unha palla no ollo alleo, e non ver gran morea de vigas nos propios.
0 comentarios