Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

REGULACIÓN DO DEREITO A FUMAR

REGULACIÓN DO DEREITO A FUMAR

 

 

  O día 31 é o día sen fume.  Nun primeiro momento a regulación de fumar foi un asunto polémico. A poderosa industria do tabaco intrigou e alimentou a idea de que se estaban atacando a sectores económicos, como a hostalería, que en España é moi importante. Tamén se aducía que se limitaban dereitos, como se o dereito dos non fumadores a vivir sen fume fora menos importante. Os prexuizos económicos preconizados pra hostalería demostráronse que eran mínimos, clientes e propietarios pronto asumiron a nova situación. A posibilidade de habilitar espazos pra fumadores, xunto coa posibilidade de optar por establecementos ceibes de fume e establecementos sen restricións, fixeron mais asumibles as regras.  Eurovegas preséntase como unha illa, que quere ser a excepción á lexislación de espazos sen fume. Pra elo o goberno fixo unha desregularización, como un traxe a medida de Eurovegas, e unicamente pra ese  establecemento.    Falta por ver, se ese reduto sen lei, se beneficiará dun liberalismo salvaxe, ou si será mais importante a saúde dos clientes. De entrada, está claro que ós promotores de Eurovegas a saúde dos seus clientes non lles importa.   A aceptación popular da normativa legal e a mínima oposición a súa vixencia, fixo desta, unha das poucas normas que a nade se lle ocorrería derrogar.    Os beneficios pra saúde de fumadores e non fumadores, xunto co aforro á sanidade pública de doenzas derivadas da acción de fumar, como é o cangro de pulmón, son os principais beneficios da limitación da acción de fumar. Hoxe a nade se lle ocorrería fumar nun centro de saúde,  en lugares públicos pechados, centros de ensino, etc. Unha lei que acadou un amplo consenso e utilidade social, que debe ser exemplo e vieiro pra outras normas

0 comentarios