Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DE ONDE SAE

 

O decreto andaluz sobre  vivendas expropiadas, levantou unha fonda inquedanza na banca, que vía como un goberno autonómico lle poñía un pouco  de freo a orxía de desafiuzamentos. Sen impedilos, nin obstaculizalos, pretende impoñer  un mínimo  de orde. O goberno español, o servizo dunha banca inmoral, arrogante e mal xestionada, intrigou pra que Bruxelas desautorizara o decreto andaluz. O resultado foi unha carta dirixida a la Junta, na que lle manifesta que o decreto pode desestabiliza-lo mercado inmobiliario e financeiro.  Antepoñe-la fortuna da banca e dos investidores inmobiliarios á traxedia dunha familia que queda na rúa sen casa e sen recursos, é escandalosamente inmoral, alarma que en Bruxelas teñan esta preocupación, e pregúntome qué  carallo facemos neste club de impresentables ¿É que unha comunidade autónoma, elixida polos andaluces, non pode tomar medidas para protexer os seus cidadáns máis desprotexidos? ¿Non teñen bastante con socializar a ruína dos bancos?. Porque pódese expropiar un chan para facer unha estrada, pasa todos os días, e non se pode expropiar ¡ o uso!! dunha vivenda para protexer unha familia?. Indignante e increible... xa non teñen o escrúpulo de esconderse en disculpas peregrinas

0 comentarios