Ó SERVIZO DA MERQUEL
O BCE fixo público un estudo, segundo o cal os españois son ricos, porque teñen un patrimonio do que non disfrutan os alemáns. Nese interesado estudo, conclúen os teutones que os españois son ricos, mentres ós austeros alemáns teñen que paga-las contas da regalada vida dos españois. Nada se di de que o salario mínimo, que é a retribución mais habitual dos traballadores españois, é un terzo das retribucións básicas dos traballadores alemáns. As familias españolas viven endebedadas de por vida, de forma indirecta coa banca alemán, que é a que explota o lucrativo negocio dunha forma de vida que se induxo ós españois. Estes solo viven pra pagar un patrimonio que solo é seu en ilusión, no fondo é da banca. Así os españois viven pra pagar débedas, os alemáns viven pra disfrutar da vida. Non debe esquecerse que xunto a esta distinta concepción da vida. Sobrevoa unha explotacións neoliberal, que sangra a alemáns e españois.
0 comentarios