Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CATRO MIL MILLÓNS

CATRO MIL MILLÓNS

 

Case catro mil millóns de euros de débeda  ten PESCANOVA. Pra ser unha actividade no que a materia prima, o pescado, é gratis, solo hai que ir a collelo, o furado financeiro é monumental. A pr6epotencia de Fernández de Sousa era coñecida, non solo en Vigo, senón en Galiza, pretendía ser un goberno na sombra, pero non dun xeito disimulado, el quería que souberan  quen mandaba. Non sei o que aportou as campañas de Feijoo,  pero non debeu de ser pouco , pra que lle deixara planta-los reais onde quixo, incluso en espazos naturais. É de esperar que Cabo Touriñán se salve pero, dende logo, o prezo é alto. Tantos millóns dan para moito; tamén habería que ver se algún diñeiro en Suíza cheira a pescado. O malo é pros traballadores que quedarán na rúa, incluídos os das empresas estafadas. Cando desaparecen 4.000 millóns de euros non  se fala de roubo, iso deixase pra unha galiña, aquí simplemente son perdas, e non se fala de cadea pros autores dos feitos

0 comentarios