Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VAI DE POBRE

 

 Bárcenas non quere os puros que se venden no economato da cadea; pro seu gusto son de baixa calidade. Manda un propio pra que lle leve habanos da rúa. Choca este feito co súa petición de que lle levanten o embargo das contas, xa que a súa muller non ten pra comer. Por si isto fora pouco, descóbrenlle varias contas mais; seguro que aínda atopan mais. Malia metelo na cadea, e incluso ameazalo con encadearlle a muller. Bárcenas está certo na cadea, pero entre algodóns e a todo luxo.

 

0 comentarios