Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALGO SABIDO

ALGO SABIDO

 

O extesoureiro do PP, Luis Bärcenas "O Cabrón" entrega ó Xuíz Ruz información na que afirma que Pescanova era o maior doador de diñeiro de forma presuntamente ilegal para campañas políticas do PPdeG, que á súa vez, unha vez no goberno da Xunta de Galicia regala o diñeiro público en forma de subvencións a fondo perdido a mans cheas.... A Plataforma en defensa do Sectos Marítimo Pesquero de Galicia insta ós partidos políticos da oposición en Galicia a que pidan de inmediato a dimisión do Goberno de Feijóo e a apertura urxente dunha Comisión de Investigación baixo os acontecementos coñecidos de presunta corrupción para acceder ó goberno de Galicia. As carpetas de Luis Bárcenas están a poñer as verdadeiras xestións do Partido popular de Galicia ó descuberto no que se está facendo co diñeiro que non lles pertence e que é de todos os galegos. O mesmo pasou coa VOZ, que xa leva sete millóns e medo de euros de subvencións, dende  que goberna Feijoo. Cousa común a tódalas empresas doadoras do PP. Os cartos que dan en doazóns sonlles reembolsados con creces, en forma    de subvencións, contratos,   etc.  

0 comentarios