Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

  Parece noite, pero non é; o fume fai do día unha noite triste. As lapas achéganse ás casas e causan terror ós veciños. O corazón sufre cando vemos arde-los montes; pero hai desalmados que ven na queima dos montes un negocio, ou un xeito de alimento do caciquismo municipal. A Xunta laminou a política antelumes do bipartito. Suprimiu a obriga de limpar os montes e as fincas privadas, reduciuse temerariamente o cinturón de protección de núcleos habitados. Os alcaldes son os encargados de contratar brigadas, algunhas con catro membros. Pra ser contratado pra unha brigada municipal non se require ningún requisito. Chega a libre decisión do alcalde e un cursillo de seis horas; e alé aí, xa se creou un bombeiro forestal. A redución do perímetro de protección, ou deixar medrar sen control a masa da que se nutren os incendios, así como utilizar persoal sen formación e sen equipo pra combate-lo lume, solo ten un nome: política criminal. Se isto xa é dabondo; a contratación pra formar parte dunha brigada pódese subcontratar; así engadimos a falta de formación a precariedade. Non houbo  detidos, nin perfil do incendiario, semella que hai que gozan de impunidade e campan as súas anchas

0 comentarios