¿ESMAGADOS, OU XUZGADOS?
A nade se lle ocorre xustificar actos violentos, pero iso non pode evita-la crítica a actuación do sistema cando é merecente delo. A severidade das sentenzas son posibles, logo da reforma do CP que fixo Aznar, que permite calificar de Banda armada a grupos de alboratores; con esas ferramentas e moito intres, ós supostamente pertencentes a Resistencia Galega, e digo supostos, porque en Dereito non se supón nada, todo debe ser demostrado, foron condenados, nalgúns casos, a 18 anos de cadea. A violencia, aínda que non sexa grave, non debe ser xustificada; pero a xustiza que se precie ten que ser xusta i equitativa. Outros actos similares, noutras partes do Estado, son tratadas con outro baremo. Iso é o que mais carraxe da. Do mesmo xeito, deixar campar e facer apoloxía da violencia a grupos fascistas, non é ter o mesmo baremo. Feijoo e os seus perderon a oportunidade de ser mais discretos cando arremeteron contra dos que clamaron contra da sentenza. Estar en contra da sentenza non é apoiar a violencia, simplemente é salientar algo inxusto. O PP galego non condena o franquismo e defende e ampara ós que fan apoloxía da sanguinaria sublevación franquista. Actuemos con mesura e sentido.
0 comentarios