OUTRO ENSINO E OUTRA AIREXA
O PSOE ven de presentar un documento, no que se propón sacar a relixión das aulas, como en Francia. O sistema de predominio da relixión achéganos ó sistema dos países mais ortodoxos do islamismo radical. Teñen razón os franceses cando din que África comeza nos Perineos. Ese é un temor que tamén comparte os xibraltareños. A España de sotana asusta, e o que pode quere verse fora desa escuridade. No referido documento, tamén se recolle a necesidade de reforza-lo ensino público como prioritario do sistema, e a concertada como algo subsidiario. Difícil de crer dun partido que puido poñer o ensino e a airexa no seu sitio. Os anos de goberno socialista non se distinguiron por impoñer o laicismo do que fala a Constitución e o protagonismo e privilexios da airexa consolidáronse, o mesmo que o ensino, como negocio e adoutrinamento.
0 comentarios