Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SOMOS OS SEGUNDOS

 

 

Somos os segundos, iso si, pola cola. O custe laboral en Galiza é o segundo mais baixo do estado. Por debaixo de Galiza solo está Canarias. Segundo os que propoñen salarios mais baixos pra saír da crise, nosoutros non deberamos nin sequera ter entrado nela. Pero a realidade é que si estamos dentro da crise económica; o certo é que nunca deixamos de estar en crise. Flutuamos non momento de avance e retroceso, pero nunca sen saír do túnel. Faise necesario facer unha diagnose do motivo polo que nos atopamos neste estado de postración económica. Temos que coñece-las razóns, se queremos por remedio; a menos que non se queira poñer remedio pra que as cousas sigan así. En certo momento, cando CITROËN pretendía facer unha instalación subsidiaria da de Vigo, suxerinlle a un concelleiro de Pontevedra a oportunidade que se presentaba pro municipio, que sacaría a Pontevedra do esmorecemento que padecía, e padece. Moi serio contestoume que iso sería un perigo, Pontevedra podía medrar e escapárselles das mans. Non creo que sexa solo unha anécdota, esa pode ser unha das razóns polas que Galiza non medra. Os gobernantes interésalles unha poboación derrotada, sen esperanza, pra así dominala e manipulala. Finalmente a fábrica de Citroën foi pra Ourense; agora xa hai empresas en Portugal traballando pra Citroën. Non interesa unha Galiza desenrolada, interésalles  os recolectores de votos unha Galiza feble,   economicamente e mentalmente.  

0 comentarios