Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS DEFRAUDADOES

OS DEFRAUDADOES

 

 

Todos imaxinamos ós defraudadores como un fato de capitalistas avaros e insolidarios que defraudan ó Fisco e levanse o diñeiro a paraísos fiscais. Grazas a Peggy, cabeza ilustre dun PP, que ten experiencia constatada en fraudes, enteámonos que o perfil de defraudador é o de parado, que gasta o xeneroso subsidio no país, comprando comida pros famentos fillos. É unha estafa moi elaborada que nin o inxenioso Ministro Montoro pode amnistiar. A esta  rea de insolidarios ós que nos lles preocupa o déficit, nin a situación do país.  Os parados hai que elimina-los, das estadísticas, porque, ó parvo, esta chusma esquerdosa está a poñer en dúbida o gran avance do goberno. Cáritas e Intermón, entre outras, pintan unha sociedade de menesterosos, cando todos sabemos, grazas á ilustre Vicepresidenta do Goberno, que os parados son delicuentes.  Para esta bolsa de defraudadores só cabe a persecución implacable, porque son tan miserables que nin Montoro, que é un mago para as amnistías fiscais, sería capaz de deseñar o formulario correspondente. O que aforremos en prestacións sociais sempre poderá ir a salvar bancos, a outro plan Pive ou a pagar ás compañías eléctricas, que esas si que sofren co déficit de tarifa.


 

0 comentarios