PESCANOVA
Si tiña algunha dúbida, os feitos veñen a clarifica-las cousas. Da a impresión, iso é que está a pasar cos exdirectivos de Pescanova. Hai que ter detrás un gran furado financeiro, as pequenas chourizadas poden acabar con un na cadea. O expresidente de Pescanova culpa da situación da empresa ós bancos. Un argumento que serve pra que sexa alegado, na súa literalidade polos desafiuzados polas hipotecas. A ousadía de Fernández de Sousa era tal que despois de estar , de facto, intervido pola CNMV, continuou coas trampas contables. O que realmente se fai imprescindible pra viabilidade da empresa e a conservación dos postos de traballo, é saber onde foron a parar centos de millóns de euros. Fernández de Sousa parece que non o vai a dicir.
0 comentarios