INDULTOS A GRANEL
Unha boa forma de obter indultos é que o propoña o bufete de avogados no que traballa o fillo de Gallardón. O asunto adquiriu actualidade e alarma polo indulto a un kamikaze, que conduciu cinco km en dirección prohibida, causando un accidente, con resultado de morte. Na concesión do indulto houbo informe en contrario da Fiscalía e do Tribunal xulgador. En calquera país este episodio chegaría pro cese do Ministro, pero o facha está apoiado polos sectores ultra, pra quenes a xustiza é un chiste. Narcotraficantes, evasores fiscais e similares son dos mais beneficiados. O indulto ten que ser potestade dos Tribunais de Xustiza. Demostraron que non pode estar en mans de políticos
0 comentarios