Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MEDIA XUSTIZA

MEDIA XUSTIZA

 

 

A sentenza do Supremo anulando o indulto ó kamikaze  de Valencia é unha noticia pra celebrar, pero queda o regusto amargo de que se concede ó Goberno sanar as eivas do indulto e concedelo de novo. Menos xustiza i equidade, de Gallardón pódese esperar calquera cousa. Así que ledicia contida e agardar que un futuro goberno poña orde nas obscenidades que permite este Decreto. A relación persoal, do kamikaze,  coa mafia peperra é moi coñecida. O PP di que sempre está coas vítimas, mellor ocasión pra demostralo, imposible.

0 comentarios