Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COA AIREXA TOPAMOS

COA AIREXA TOPAMOS

 

 

En España vivimos nun período predemocratico. Solo  a xustiza internacional pode votar luz sobre a guerra civil, a ditadura e a seudodemocracia. Polos oitenta intentouse exhibir un documental sobre os cen asasinatos nun pobo andaluz, que supostamente dirixira o alcalde fascista. Os erdeiros do alcalde interpuxeron unha querela contra do director do documental ’Orballo’ . non foi admitido ningún testiño  proposto pola defensa. O documental foi prohibido e o director condenado. Aquilo foi un caso paradigmático do que foi a Transición. Non se tratou de esclarecer os asasinatos que se denunciaban no documental, senón que se silenciou  a verdade.   No documental en cuestión non quedaban moi ben as Irmandades Rocieras, polo que o papel da airexa na polémica foi esencial. Hai moitos Cubeiros. Naquel tamén lle levaron a unha muller o cura, despois de ser violada por toda a pandilla, pra que a absolvera antes de ser fusilada. son episodios da hisoria de España, por escribir.

 

0 comentarios