O PIADOSO ROUCO
O Cardenal Rouco mantén un litixio coa Asociación Santa Rita de Cassia pola propiedade duns tapices dos séculos XVI e XVII. Os tapices foron legados a asociación pola propietaria, pero o Arzobispado de Madrid, que se enterou por unha beata da súa existencia, quéreos para adornar a Almudena. A asociación, de carácter civil, fundada nos tempos de Isabel II, tenos adscritos o fin da protexer ás mulleres maltratadas. No ano 1993 o Arzobispado de Madrid, pola súa conta e sen contar coa Asociación, cambia os estatutos da asociación. Este foi o primeiro paso pra facerse cos tapices. Os Tribunais Eclesiásticos, facendo gala da súa independencia, deulle a razón, en tódalas instancias, ó Arzobispado de Madrid. A Presindenta da Asociación presentou a causa en vía civil, dándolle a razón un Xulgado de Primeira Instancia. O Arzobispado recórreo en alzada ante a Ardencia de Madrid, que sospeitosamente, sen motivacións xurídicas serias, falla a favor do Arzobispado. O conflito pasou ó Supremo. A profesionalidade e independencia do TS foi notoria en situacións similares. Esperemos a Europa
0 comentarios